19/11/2012

CARLOS GENDE EN MOSTEIRÓN

         Carlos Gende é un dos poucos galegos que domina o beatbox, unha disciplina derivada do hip-hop consistente en facer música sen usar instrumentos. Os que o practican son algo parecido aos chamados homes orquestra, pero todos os sons os conseguen controlando o aire que sae polo nariz e a boca. De feito, Carlos ten claro que aínda que sexa un fenómeno recente, a esencia do beatbox non é novidosa e pon como exemplo a capacidade de John Balan para simular o son dunha trompeta.
- «Non creo que ou beatbox consista só en imitar os instrumentos musicais» di Carlos, e por iso,  adoita introducir todo tipo de efectos e sons nas súas improvisacións. 
 As súas primeiras actuacións fíxoas acompañando aos grupos Presenza Zero e Machina participando en obradoiros en varios institutos galegos para ensinar as bases do beatbox e do rap e xa conseguiu varios premios en recoñecemento ao seu bo facer. Aínda que Carlos Gende rematou hai pouco tempo os estudos de Telecomunicacións continúa a dar concertos e explicar as súas técnicas polos institutos e hoxe tivemos a fortuna de telo connosco . Deunos unha auténtica clase de música e de fonética, explicounos as orixes do xénero, sinalou as vinculacións que el establece entre o idioma galego e a súa música … foi un verdadeiro pracer telo connosco porque é un tipo estupendo, que conectou con alumnos e profesorado.


Para os que queiran buscalo na rede: gendebeat ou xenderal

24 comentários:

  1. Sergio Baña 3ºA20/11/12, 12:28

    A min gustoume a visita de Carlos Gende a o noso colexio, foi unha experiencia moi boa e demostrou ser moi bo no que él fai. Gustariame que volvera ao noso instituto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Paola Fernández 3ºA20/11/12, 16:07

      Para min a visita de Carlos Gende foi realmente sorprendente, aínda que non todos pensen coma min é moi dificil realizar todos aqueles sons con toda a profesionalidade coa que él lográbao facer, él puido facer unha demostración de toda a dificultade que supoñía o seu traballo cando incitounos a reproducir o son da batería e foi prácticamente imposible para todos nos.
      Paréceme unha persoa con moito talento, por eso teño que darlle as gracias por facer da súa visita unha experiencia tan amena e por ensinarnos pequenas curiosidades sobre o beatbox, deséolle moita sorte!

      Eliminar
  2. Ángel Rodríguez Gómez 3ºB

    Pareceume unha boa experiencia ter a alguén no noso instituto tan amable e coa paciencia e interese de ensinarnos un tipo de música que algúns xamais escoitamos.Pareceume unha persoa cun futuro moi prometedor e que fai unhas cancións xeniais.Tamén paréceme importante o feito de aferrarse as súas raíces e facer a música que lle gusta en galego, o idioma que aprendeu dende neno.
    Unha boa experiencia que me gustaría repetir.

    ResponderEliminar
  3. A min a actividade pareceume moi productiva, xa que a parte de pasalo ben, aprendimos cousas novas do beatbox. Eu repitiría sin dudalo, a demáis o rapaz era moi simpático e tiña a cualidade de que parecese fácil o que él estaba facendo.

    ResponderEliminar
  4. Daniel Prats González 3ºB20/11/12, 17:17

    A visita de Carlos pareceume moi produtiva,xa que aparte de disfrutar co que fixo, puidemos aprender un puco máis sobre esta disciplina. Eu o pasei moi ben e gustaríame moito que viñera de novo.

    ResponderEliminar
  5. Sergio Rodriguez 3ªA20/11/12, 18:01

    Esta actividade estibo moi ben,porque aprendimos a historia de beatbox e aparte aprendemos como se pode facer,o rapaz faciano muy ben
    Eu repetiria outra actividade como esta

    ResponderEliminar
  6. Fernando Olivares 3ºA20/11/12, 18:02

    A actividade foi moi entretida e unha boa experiencia sobre unha forma de facer música inusual, sorprendente e difícil. Intentounos ensinar como copiaba os sons da batería... e a través de fonemas cos que producía sons, pero para nós era imposible. O beatbox descubrino hai uns anos cun video de Youtube no que aparecía unha persoa facendo beatbox na versión francesa de factor x.
    Carlos deixounos moi impresionados, sobre todo, a min, cos sons que producía ao poñer o micro na gorxa.
    A actividade foi moi interesante e divertida e cun pouco de sorte podería repetila.
    http://www.youtube.com/watch?v=HoOO1WBrui0

    ResponderEliminar
  7. Pois eu concordo con Sofía, Carlos fai que o difícil pareza fácil. Foi unha visita divertida e moi instrutiva.
    Cando repetimos?

    ResponderEliminar
  8. Jesús Míguez Blanco 3ºA

    Gustoume moitísimo a actividade que nos fixo Carlos Gende ou " Gendebeat ". Xa coñecía esta disciplina e parecíame imposible de realizar pero cando Carlos demostrounos que se poden facer sons asi de sorprendentes coa gorxa ... Quedei coa boca aberta de par en par! Encantaríame que se pasara outro día pola escola para ensinarnos as súas novas aprendizaxes e para coñezer a unha gran e cercana persóa como é este marabilloso artista

    ResponderEliminar
  9. A visita de Carlos foi algo impresionante. Deixounos abraiaidos cos seus sons e sobre todo, cos seus pulmóns. Como aguanta a respiración.
    Ao principio xa empezou interpretando beatbox, eu quedei sen fala. Pero se só acabábamos de empezar! Logo nos intentou ensinar os principais sons do beatbox, que non era quen de facelos. Se tivésemos a oportunidade de volver a disfrutrar coa súa compañía, estaría encantado, asistindo sen dúbida algunha.

    Unha actividade, que lonxe de perder clase, foi moi entretida e instrutiva.

    ResponderEliminar
  10. Martín Díez Ramos20/11/12, 21:36

    Para min Carlos Gende é un grande, non esperaba tal espectáculo noso instituto. Tivo moita paciencia connosco ensinándonos os fonemas do beatbox, e iso xa é de admirar. Carlos o fai demasiado ben e deséxolle moita sorte no mundo do hiphop. Espero que volte dentro de pouco tempo.

    ResponderEliminar
  11. Alba Castro Veiga 3ºA20/11/12, 21:39

    O obradoiro de beatbox foi unha actividade divertida entretida para todos. É impresionante coma Carlos é capaz de producir todos esos sons coa boca. Ademáis, ensinounos datos interesantes sobre o beatbox e aprendimos máis ou menos a realizar algúns dos sonidos básicos. A mín gustoume moito a súa visita.

    ResponderEliminar
  12. A visita de Carlos gende fio boísima,a mi gustóume a visita,eu quero que volva,aparte o son que eu facía coa boca non sabía que servía para algo,o beatbox é dificil,pero si te lo explican semella mais fácil,encantoume bastante!!

    ResponderEliminar
  13. Iván lópez 3ºB21/11/12, 16:20

    A min pareceume super interesante todos os sons que il era capaz de facer, eu vira algunha vez facer beatbox pero nunca en vivo e en directo, polo que me sorprendeu bastante. Tamen aprecio a grande esforzo que fixo ao querer pasar o seu tempo canda nos. Sen lugar a dubida e unha experiencia que merece a pena vivir e se e posible repetir.

    ResponderEliminar
  14. CLAUDIA DÍAZ VÁZQUEZ 3ºB
    Algún día lograrei todo o que Carlos foi capaz de amosarnos, e de deixarnos boquiabertos a maioría de nós. Agradezo moito a visita, e a súa paciencia para ensinarnos o que tantos anos lle levou conseguir. Tamén que nos aprendera tanto a variedade como a cantidade de lugares nos que realizase o beatbox, e principalmente que existía esta difícil actividade.

    ResponderEliminar
  15. Rebeca Carballo Mata 3ºB
    Foi xenial, Carlos é moi agradable e explicounos moi ben como se facía o beatbox. Faciao estupendamente e gustoume que nos ensinara e nos deixara participar. Deberíamos repetir, foi moi divertido!

    ResponderEliminar
  16. Sarai González Bello. 3ºA
    A min pesoalmente ,pareceume unha gran actividade, gustoume moito que este artista quixera amosarnos o que sabe facer. Ademais nunca escoitara ningunha cousa así en directo ,encantoume.

    ResponderEliminar
  17. Pocahontas.22/11/12, 13:33

    Encantoume esta actividade, tivemos moita sorte ao poder participar y se alguen ten a posibilidade de asistir a este obradoiro recomendollo sen dubidalo.
    Carlos deséxote moitos triunfos, porque a verdade é que os mereces!

    ResponderEliminar
  18. Carla Souto García 3ºB22/11/12, 17:19

    A min pareceume unha actividade moi interesante, xa que Carlos explicóunos moi ben oque era o beatbox. Ademáis, animóunos a participar. Creo que esta actividade mereceu a pena, e creo que sería interesante repetíla.

    ResponderEliminar
  19. A min a o principio non me entretia moito, pero logo xa empezáronme a gustar os ruidos que facía coa gorxa, o que máis fixome rir foron or ruídos que faciamos nos cando intentabamos imitarlle. Eu repetiría encantado xa que gustume moito o que fixo Carlos e como explicou.

    ResponderEliminar
  20. A min sorprendeume gratamente parece incrible como é capaz de facer todos eses sons xa sexa coa boca ou coa gorxa, para min ten moito mérito o que fai e creo que esta moi ben que de cando en vez veñan visitarnos artistas como el.

    ResponderEliminar
  21. Arancha Becerra Acevedo.26/11/12, 19:39

    Sinceramente encantoume ista actividade, pouco sabía do beatbox,e entretívome bastante, agora xa sei algo mais sobre ista disciplina grazas a explicación tan boa e resumida que Carlos deunos, teño que dicir que quedei impresionada polos sonidos que lograba facer.
    Carlos Gende ten un talento incrible!, deséxolle moita sorte e que siga así porque está facendo un traballo realmente espectacular.

    ResponderEliminar
  22. Canto me alegra, rapaces, que vos gustase a visita de Gendebeat. A min tamén me parece espectacular o que é capaz de facer.

    ResponderEliminar