01/12/2012

GUÍA DO CIRURXIÁN AMATEUR


MINI OBRA PARA DOUS PERSONAXES

Escena única - Estudio de Televisión. Dous médicos en fronte das cámaras presentan o seu programa
Personaxes:
Dr. James
Dr. Holmes

DR. JAMES  Benvidos ao noso programa "Guía do Cirurxián Afeccionado"!
DR. 
HOLMES O único programa de televisión que  ensina a facer na casa o que os médicos reais fan nos hospitais!
Os dous aproxímanse a unha mesa  chea de frascos, algodóns, substancias derramadas (xelatina, etc.)
DR. 
JAMES Hoxe teremos unha clase de técnicas básicas das máis solicitadas polos nosos telespectadores!
DR. 
HOLMES "Transplantes de cerebros en mascotas"!
DR. 
JAMES En primeiro lugar, laven ben as mans...
DR. 
HOLMES As medidas de hixiene, está comprobado científicamente, aumentan a supervivencia  dos transplantados!
DR. 
JAMES Use alcohol puro...
DR. 
HOLMES Se ten  falta de alcohol puro, use outra bebida alcohólica...
DR. 
JAMES Whisky, ron ou cachaza!
DR. HOLMES Lave sempre as mans antes da bebida!
DR. 
JAMES   Atención! O transplante de cerebros non debe ser practicado en animais en vías de extinción!
DR. 
HOLMES Operar animais silvestres é crime penado pola lei!
DR. 
JAMES En primeiro lugar, corte a tapa da cabeza delicadamente...(Mostrar con xestos)
Para isto use un coitelo de serra da cociña ben afiado!
DR. 
HOLMES Despois retire o cerebro cortando todas as partes que prenden o cerebro ao cranio con algo ben afiado...
DR. 
JAMES Un estilete da escola debe servir!
DR. 
JAMES Ou unha tesoiriña de uñas... É difícil transplantar un cerebro sen perder algunhas partes...
DR. 
HOLMES Adestre moito antes de facer isto con mascotas!
DR. 
JAMES Felizmente vostede pode adestrar cos seus irmáns menores antes de facer a operación definitiva!
DR. 
HOLMES Agora a mellor parte!
DR. 
JAMES Coloque o cerebro do cranio A no cranio B e viceversa!
DR. 
HOLMES Despois de colocar os cerebros, prema as tapas de cada cranio sobre o cerebro transplantado...
DR. 
JAMES ... E retire o exceso co estilete!
DR. 
JAMES Nada debe quedar fóra! Pode infectarse!
DR. 
HOLMES Algúns animais teñen o cerebro maior que o doutros ...
DR. 
JAMES O cerebro do can do seu mellor amigo pode ser maior que o cerebro da galiña da súa irmá
DR. HOLMES Pero non se preocupen! Os restos non utilizados poden ser utilizados para preparar a cea!
DR. 
JAMES Hummm! Sopa!
DR. 
HOLMES Eu adoro o caldo de galiña!
DR. 
JAMES (Toma unha tesoiriña  e amósaa)Non esqueza cortar as uñas antes de ir á cociña!
DR. 
HOLMES  Eu corto sempre as miñas uñas e as da galiña!
DR. 
JAMES  Ben, xunte ben as tapas dos cranios, cosa todo moi ben...
DR. 
HOLMES En caso de non ter tempo, pode unilas con esparadrapo...
DR. 
JAMES Ou fita crepé (fita dobre cara)!
DR. 
HOLMES Pero atención! O índice de supervivencia entre os transplantados é moi baixo,  faga o transplante na súa casa unicamente en caso de necesidade!
DR. 
JAMES E recorde: esta actividade debe ser acompañada pola supervisión dun adulto!
DR. 
HOLMES Ou, na falta deste, dun primo de máis de 12 anos!
DR. 
JAMES Non deixen de filmar e enviarnos videos para mostralos no noso próximo programa!
DR. 
HOLMESE a propósito, non perdan o "Programa Guía do Cirurxián Afeccionado" da semana que vén!
DR. 
JAMES Os títulos serán os seguintes:
DR. 
HOLMES "Extracción de dentes sen dor: paga a pena? "
DR. 
JAMES  " Morcegos! Poden ser usados para transfusións? "
DR. 
HOLMES  o video seleccionado dos nosos telespectadores...
DR. 
JAMES " Operei a miña irmá sen anestesia! "
DR. 
HOLMES Ata o próximo programa!
DR. 
JAMES Chao, amigos!


Os dous rematan a escena despedíndose e lambendo ou probando partes do que está enriba da mesa...
© VICTOR M. SANT’ANNA 2008
Adaptación e tradución: B.I.G.

0 comentarios:

Enviar um comentário