01/12/2012

PACTO COA MORTE


OBRA PARA DOUS PERSONAXES.

Personaxes:

-Ernesto Mendieta
-A Morte
ESCENA I

(Entra Ernesto á súa sala algo preocupado e cun papel nas mans. Séntase e le)
Ernesto: Non pode ser! Morrerei en seis meses! Teño os días contados! (cunha expresión de angustia e desespero)Necesito vivir máis, teño tantos cartos que seis meses é un tempo moi curto para gastalos (Ponse de pé e camiña dunha lado a outro; tira un vaso ao chan do desespero e leva ás mans  á cabeza) Non vou morrer, non, eu teño moitas cousas que facer nese mundo Senta no sofá e pon unha mirada de tolo. Logo, mira ao público e di:

 Daría ata a miña alma con tal de vivir un pouco máis, “
 A miña alma!!!
(Niso, certo calafrío comeza a sentirse na casa e detrás del, aparece unha figura algo estraña; cun hábito negro parecido ao dun monxe, cunha carapucha enriba da cabeza que lle tapa seu rostro e na man dereita, leva un pergameo enrolado, é a morte quen ao escoitar o seu rogo, non dubidou en facer acto de presenza e cunha voz tétrica, chámao)
A Morte: Ernesto Mendieta!
(O mozo voltea rapidamente e asustado, afástase del)
Ernesto:  pero, quen es ti!?
A Morte: Son a morte, e vin a concederche o que me pides.
Ernesto: ¡ De verdade!?
A Morte: Por suposto (Móstralle o pergameo) Soamente tes que asinar este contrato, e vivirás máis que só seis meses.
Ernesto: Non me estás a enganar?
A Morte: A Morte xamais engana; cando ela di que chegou a hora de morrer, a hora de morrer chega (Ernesto mírao algo preocupado e moi lentamente, comeza a estirar a súa man pero con algo de dúbida ata que finalmente, o toma. Comeza a lelo e ao estar de acordo coas condicións, asina).
Ernesto: Aquí tes, Morte.
A Morte: Entón, o trato está feito. Permiso, retírome (Vai camiñando de costas e mentres o fai, séguelle falando) Verémonos... Ernesto Mendieta

(A Morte desaparece e Ernesto ponse a pensar no que fixo e se foi correcto pero tamén comprende que xa non pode dar marcha atrás, xa o pacto, está feito)
                                      ESCENA II



Ernesto chega á súa casa totalmente bébedo. Niso, cae ao chan e comeza a rir)

Ernesto: Jajaja... Xa nin podo nin andar de pé! Isto é o colmo! Jajaja...

(Mentres bota gargalladas, novamente unha figura negra apareceu ante el, é outra vez a morte quen veu a darlle un aviso)

A Morte: Ernesto Mendieta! (Ernesto mírao pero debido ao estado no que se encontra, non o recoñece).
Ernesto: ¡ Pero quen es ti!? (Sinálao co dedo e sorrí burlonamente)Ah xa sei quen es, ti es "Chicho" o meu primo Pero que fas con iso enriba? Vas actuar nalgún teatro ou que? (A Morte estende a súa man e quítalle a borracheira) ¡ pero, que pasou!?

A Morte: Chegou a hora de levar a túa alma ao abismo.
Ernesto: ¡ Que!? Pero se só pasaron seis meses, nada máis!
A Morte: Permíteme corrixirte. Pasaron seis meses e un día (Ernesto mírao sorprendido co que dixo)
Ernesto: ¡ Seis meses e un día!? Pero iso non é xusto! Enganáchesme!
A Morte: Eu non te enganei (Vaise achegando a el) O contrato que asinaches dicía que vivirías máis dos seis meses, viviches seis meses e un día, trato cumprido.
Ernesto: ¡ Só por un día máis!? (Retrocede un pouco) Isto non pode ser!
A Morte: E chegou o momento que ti cumpras co teu, ímonos inmediatamente.
Ernesto: (Comeza a desesperarse e axeónllase ante a Morte) Por favor, piedade! Piedade!(A Morte levanta e estende a súa man dereita e Ernesto, do desespero, comeza a correr pero a uns pasos, algo o deixa inmóbil, como petrificado) No me fagas isto, por favor dáme uns meses máis, polo amor de Deus (A Morte achégase a el e tocándoo na cabeza, tírao ao chan)
A Morte: Ernesto Mendieta, levántate! (Ernesto levántase e sorprendido, revísase todo o corpo tocándollo pero non encontra nada anormal)
Ernesto: ¡ Que me fixeches!? (Co seu dedo, La Muerte sinálalle o piso. Ernesto, asustado, voltea moi lentamente e ve o seu corpo que aínda está tirado) Non, non! Non pode ser! Isto é... imposible!
A Morte: Chegou a hora (Saca da súa manga unha cadea e con ela, comeza a atarlle os pés. Logo, empúrrao e arrástrao ata levalo ao abismo) Estarás toda a eternidade ao meu lado eu serei a túa única compañeira na túa soidade (Ábrese como unha especie de portal e comezan a oírse berros de dor e lamento)
Ernesto: ¡¡¡Noooooooon....!!!

Fin

0 comentarios:

Enviar um comentário