01/12/2012

PROHIBIDO PENSAR


OBRA PARA DOUS PERSONAXES:

Personaxes:
Galileo
O Papa
Sacerdote 
Garda 

-Papa: Xirei xa a orde de aprehensión contra ese home... será silenciado
-Sacerdote: A súa santidade, se me permite é necesario recorrer á forza?
-Papa: El causou moito balbordo, os seus traballos son perigosos, o noso benestar e o da cristiandade dependen diso.
-Sacerdote: A súa santidade, creo que sobreestima un simple mortal, a ese florentino.
-Papa: Parvo! non tes percepción? O que di refuta á biblia, si a terra xira arredor do sol, significa que a biblia se equivoca, e se ela está errada nun versículo, entón iso dá pé a que toda a biblia poida igualmente estar errada.
-Sacerdote: Vostede é sabio e omnisciente como sempre, a súa santidade, levarei os gardas a buscar ese pérfido á súa gorida.
(Sae o sacerdote, segundos despois volve)

-Sacerdote: Os gardas van en camiño.
-Papa: Fágase a vontade de Deus.
-Sacerdote: Amén.
(entra un garda escoltando a Galileo)

-Papa: Galileo Galilei, vostede blasfemou e continua blasfemando contra o alto e a súa palabra.
-Galileo: A súa santidade, son inocente, eu só observo os ceos e describo o que vexo, non pode ser pecado utilizar os ollos e a mente.
-Papa: Vostede desafía á biblia, e é culpable do pecado de arrogancia, pretendendo que o seu intelecto está por enriba da palabra.
-Sacerdote: Satán guíate.
-Galileo: Para nada, eu só me rexo por un lema "mide todo o que sexa medible, e o que non o sexa, faino medible".
-Sacerdote: Blasfemia!
-Papa: É simple, Deus non quere que uses o teu intelecto se o resultado diso é que a súa inmutable palabra sexa cuestionada, é o maligno quen te guía.
-Galileo: Négome a crer que o mesmo Deus que me deu tristura, razón, e intelecto, non quere que os use.
-Sacerdote: Non hai problema, fixo frío ultimamente, creo que a todos nos viría ben unha cacharela na praza, para quentar o ambiente, nada como unha cacharela de herexe para que o señor nos bendiza coa súa calor.
-Galileo: (Medita preocupado)…. De acordo, equivoqueime, o maligno guioume, teñen razón.
-Papa: Aceptas que as matemáticas son do demo?
                                                                               
-Galileo: Acepto.
-Sacerdote: Aceptas que o teu "telescopio" só pode orixinar pecado?
-Galileo: Si, así é.
-Papa: Renuncias a utilizar o teu intelecto e a túa intelixencia?
-Galileo: Si, pois fóronme outorgados polo maligno.
-Papa: e aínda pensas que a terra se move, en lugar de estar estática no centro de todo, como di a biblia?
-Galileo: Non, por suposto que non se move.
-Papa: Podes retirarte, salvácheste da cacharela, pero pasarás o resto da túa vida arrestado na túa casa.
-Galileo: Grazas por apiadarse de min, son vostedes misericordiosos.

(Galileo comézase a afastar camiñando)

-Papa: spirictus sancti orat pro nobis. (quere dicir, espírito santo, ora por nós)
-Sacerdote: Amén
-Papa: sursum corda (quere dicir elevemos os corazóns)
(xusto antes de saír da escena, Galileo di mirando o público, pero en voz baixa, para non ser escoitado polo papa e o sacerdote)

-Galileo: "e non obstante... móvese."
Autor: Martín Correa
Adaptación e tradución: Belén  I.G.

0 comentarios:

Enviar um comentário