01/12/2012

UN ADOLESCENTE DENTRO DA MEDIA


OBRA PARA DOUS PERSONAXES.

Personaxes:
Nai
Fillo


(A nai entra a escena, o fillo  está sentado fronte ao ordenador)

Nai: Fillo levas horas sentado fronte á túa computadora, de feito é o único que fas ultimamente, levantarte, dar un baño e acender esa maldita maquina ata que todos os demais estamos a durmir Por que non saes un anaco a dar unha volta ou algo?

Fillo: Mamá, en serio estaste a queixar do feito de que prefira manterme nun ambiente seguro, o meu fogar, no canto de saír á rúa e posiblemente ser asasinado ou inducido ás drogas? Non liches como subiu o nivel de inseguridade en todo o país? Son practicamente o adolescente que menos problemas causa aos seus pais en todo o mundo.

Nai: Non intentes pasarte de listo con toda a túa faladuría enxeñosa, son a túa nai non un dos teus amigos aos que queres impresionar; obviamente aprecio o moito que nos facilitaches ao teu pai e a min esta fase adolescente porque  non nos fixeses dramas estúpidos como fan  outros rapaces da túa idade ,( cun toniño irónico) desculpa se quero que o meu fillo saia un pouco ao aire libre e se divirta como calquera outra persoa normal.                                           .

Fillo: Vou á escola, ese é todo o tempo de "aire libre" que necesito, son case sete horas de sol, nubes, libros, risas e rapaces con dramas estúpidos. E son como calquera persoa normal, coa única diferenza de que as miñas habilidades sociais son case mediocres e as miñas habilidades... non sei, digámos mentais son mellor que as da media.

Nai: Fillo, non queres ter amigos? Saír a divertirte con eles?

Fillo: Amigos? Mamá estou seguro de que esquecerei máis da metade da xente que coñezo nesta etapa da miña vida, se non fose porque pasan lista no insti ,esquecería os seus nomes cada fin de semana.

Nai: O teu pai e eu temos amigos que coñecemos dende que tiñamos a túa idade.

Fillo: Amigos que ao primeiro signo de que lles van pedir a súa axuda foxen... ou simplemente non responden chamadas.

Nai: Oe! Iso foi innecesario.

Fillo: Innecesario pero certo.

Nai: Non saias se non queres, vólvete un ermitán se o desexas pero quero que uses menos tempo a computadora ou teremos que deixar de pagar a internet, a conta telefónica está a chegar cara e non podemos seguir pagando polo teu vicio.

Fillo: Usar unha computadora non é un vicio.

Nai: En non sei que parte de Asia éo , e… teñen ata campamentos de rehabilitación

Fillo: En Asia comen cempés.

Nai: En serio?

Fillo: Yep. Yep. Yep

Nai: Apaga a computadora, quero que me axudes a limpar antes de que regrese o teu pai de viaxe.

Fillo: Dáme unha hora estaba a ver unha película.

Nai: Ok, pero despois xa non prendas de novo a máquina.

Fillo: Ok, ok, ok.

Autor: Alan Rejón

Adaptación e tradución: Belén I.G.

0 comentarios:

Enviar um comentário