A ENTREVISTA
A Entrevista é un tipo de diálogo planificado que se
establece entre dous interlocutores:
- O ENTREVISTADOR que é a persoa que propón unha serie de preguntas.
- O ENTREVISTADO , a persoa que responde.
|
TIPOS DE ENTREVISTA
PSICOLÓXICA
Ten como obxectivo dar a coñecer a personalidade (gustos, sentimentos, manías) e algúns aspectos da vida privada e do ambiente que rodea o personaxe entrevistado.
Exemplo:
- Por que non lle gusta a vostede a popularidade, é vostede unha persoa tímida?
Unha variante deste tipo de entrevista é o chamado cuestionario Proust. |
INFORMATIVA
Pretende ofrecer información , transmitindo as ideas e opinións do entrevistado ,sobre un tema ou asunto de interese.
Exemplo:
- Opina vostede que a música en galego ten futuro ?
|
ESTRUTURA DA ENTREVISTA
TÍTULO
| ||
INTRODUCIÓN
Nesta parte normalmente faise unha presentación do entrevistado e indícase o motivo da entrevista.
| ||
CONXUNTO DE PREGUNTAS coas que se obtén a información. Poden ser de diferente tipo.
| ||
Tipos de preguntas
|
Definición
|
Exemplo
|
Preguntas cerradas
|
Son aquelas das que esperamos unha resposta concreta
|
É vostede galego?
Gústanlle os deportes?
|
Preguntas abertas
|
Son as que teñen respostas longas, nas que o entrevistado pode expresarse libremente.
|
Cal é a súa opinión sobre a nova lei educativa?
|
Preguntas hipotéticas
|
Son aquelas nas que o entrevistador presenta situacións supostas
|
Que faría vostede se gañase as eleccións ?
|
Preguntas de sondaxe
|
Son as que permiten afondar na información que se deu na pregunta anterior
|
E por que ?
Que decidiu despois diso?
|
Preguntas comentario
|
Son preguntas expostas como frases inacabadas e que o entrevistado contesta como se fosen preguntas normais.
|
E… despois vostede ingresa no Deportivo da Coruña…
|
CONCLUSIÓN ou parágrafo final co que normalmente se indica que a entrevista está rematada.
Nesta parte faise case sempre un breve resumo , unha frase de agradecemento e unha despedida.
|
A ORTOGRAFÍA DA ENTREVISTA
Cando poñemos unha entrevista por escrito, temos que gardar unha serie de normas. Cada vez que intervén un personaxe, hai que escribir diante das súas palabras un guión (-).
Exemplo:
-Que pensa vostede sobre a vida extraterrestre ? -Creo que non hai que negar a posibilidade de que haxa vida fóra do noso planeta.
Tamén se pode escribir as palabras "pregunta" ou "resposta" (ou ben as súas iniciais P ou R) diante destas.
Exemplo:
P -Que pensa vostede sobre a vida extraterrestre ?
R -Creo que non hai que negar a posibilidade de que haxa vida fóra do noso planeta.
Cómpre empregar os signos de interrogación ( Xa sabes que en galego poden poñerse só ao final de cada pregunta )
Recorda que os pronomes interrogativos, en galego, non levan acento gráfico:
Que?, Cando?, Como? Por que?
|
COMO PREPARAR UNHA ENTREVISTA
A realización dunha entrevista esixe unha serie de pasos, que podemos agrupar nestas tres fases:
a) Preparación
Do mesmo xeito, tamén se debe obter documentación previa sobre os temas que se vaian tratar no diálogo co personaxe.
b) Realización
Aínda que se grave todo, é interesante facer anotacións escritas sobre as reaccións e respostas do entrevistado.
É conveniente ter un guión previo que nos sirva de axuda para conducir o diálogo, pero tendo en conta que pode ser necesario alterar a orde dalgunhas das preguntas ou modificalas debido ás respostas que non vaian dando.
c) Redacción
Debemos ter en conta que un texto escrito non é o mesmo que un texto oral. Así, ao escribir as respostas da persoa, debemos darlles nós a forma axeitada, aínda que respectando en todo momento o esencial. É importante respectar a estrutura indicada anteriormente facendo unha presentación e ao final unha conclusión a xeito de despedida.
Moi completa esta información. ;)
ResponderEliminar