03/02/2014

PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS

Os pronomes persoais son unha clase de palabras que designan as tres persoas gramaticais.Sinalan quen fala  ( 1ª persoa), quen escoita ( 2ª persoa) e de que se fala ( 3ª persoa)
Os pronomes persoais poden ser tónicos ou átonos.

PRONOMES PERSOAIS TÓNICOS
Os pronomes persoais tónicos teñen acento de intensidade e son variables pois teñen flexión de xénero,número e persoa.




        FORMAS DE SUXEITO

FORMAS CON PREPOSICIÓN


PARA O TRATO
INFORMAL
PARA O TRATO DE CORTESÍA

FORMAS LIGADOS Á PREPOSICIÓN CON
CON OUTRAS PREPOSICIÓNS

EU
-

COMIGO
MIN

TI
VOSTEDE

CONTIGO
TI

EL/ELA
-

CONSIGO
EL/ELA

NÓS/nosoutros
-

CONNOSCO
NÓS

VÓS/vosoutros
VOSTEDES

CONVOSCO
VÓS

ELES/ELAS
-

CONSIGO
ELES/ELAS


     CONTRACCIÓNS  CO PRONOME TÓNICO

EL
ELA
ELES
ELAS
DE
del
dela
deles
delas
EN
nel
nela
neles
nelas

  • Os pronomes persoais tónicos que aparecen precedidos por unha preposición e, xa que logo, desenvolven a función de termo no sintagma , non poden nunca ser suxeito.
  • min: Estiveron falando de min
  • ti: Este xersei é para ti
  • el, ela: Estás todo o día mirando para ela
  • nós: Elas trouxeron ese agasallo para nós
  • vós: Non esperaba iso de vós
  • eles, elas: Podes ir xogar con eles
  • Os pronomes  ligados chámanse así por formar parte do seu corpo fónico a preposición "con". Actúan como complementos circunstanciais de compañía.
  • comigo: Carme bailou comigo
  • contigo: Túa nai quería falar contigo
  • consigo (con el/ela): Carlos estivo pelexando con el
  • connosco: Ven xantar connosco
  • convosco: Vou xogar convosco
  • consigo (con eles/elas): Vou ao mercado con elas.
Nós / Nosoutros
Vós / Vosoutros
Non é o mesmo nós que nosoutros. Nós refírese a un grupo amplo no cal esta incluído o falante, nosoutros refírese a un grupo pechado coñecido polo emisor e o receptor e especificado ,
Exemplos : nós vivimos aquí
                nosoutros , os galegos, somos un pobo traballador.
Elo
Esta forma existiu no galego antigo mais na actualidade debe substituírse por pronomes demostrativos.

0 comentarios:

Enviar um comentário