O alumnado de 3º de ESO participa neste curso no proxecto CinEd , baixo a coordinación do CGAI ( Centro Galego de Artes da Imaxe) e integrado no plan PROXECTA ( iniciativa da Consellería de Educación destinada a fomentar a innovación educativa nos centros) .
(CinED está impulsado e coordinado en España por A Bao A Qu e liderado polo Institut français (París) en cooperación coa Cinémathèque Française, o proxecto pretende aproximar o cine aos mozos e mozas en idade escolar, para espertar neles a curiosidade por produtos cinematográficos de recoñecida calidade aínda que non sempre dentro das coordenadas do cine comercial. Trátase dunha oportunidade que se lles ofrece aos rapaces para descubriren o cine europeo, coñecelo e gozalo, xa que sobre as películas escollidas se realizan traballos desde diferentes áreas. )
O alumnado asistirá á proxección das versións orixinais das películas El espíritu de la colmena, de Víctor Erice , En construcción, de José Luis Guerin e l posto , de Ermanno Olmi . Despois da visualización haberá un coloquio dirixido por persoas especializadas e posteriormente traballarase desde as materias de Educación Plástica e Visual e de Lingua Galega e Literatura. O proxecto ofréce este blog para compartir experiencias e impresións na que o noso alumnado colaborará cos seus traballos.
0 comentarios:
Enviar um comentário