29/03/2017

CONSTRUÍNDO RETRATOS

O pasado 23 de marzo , volvemos ao CGAI para ver a película documental de J. Luis Guerín En construcción    .  Logo da proxección , o alumnado participou nun coloquio no que se trataron varios aspectos técnicos e temáticos desta película, tan diferente do cine comercial ao que estamos afeitos.
A fita mostra unha ampla galería de personaxes que constrúen unha historia coral . Imos logo facer unha actividade que ten como fin  varios  obxectivos:
-  Afondar na diversidade  humana mostrada  na película
- Convidar ao alumnado á reflexión sobre as distintas  circunstancias  que condicionan a existencia das persoas.
Achegar  ferramentas para  escribir sobre elas ,recollendo a súa “esencia”  en pequenos retratos vinculados con secuencias  ou fotogramas da película.

PROCESO DE CONSTRUCIÓN DOS RETRATOS:    

1.   Seleccionamos un fotograma que mostre un personaxe .
      Transcribimos  algúns fragmentos que recollan as palabras dese personaxe nalgúns momentos da película.

EXEMPLO


“Un ten que estar namorado do seu traballo como se fose unha noiva, porque se non non lle pon interese”

“ Tanto tempo traballando na construción e non me deu case nin para mercar un reloxo”

“O tempo é mellor ir vivíndoo segundo vai vindo e sobre a marcha, se perdes tempo mirando o reloxo …”

“Cando eu vin aquí a Cataluña , unha das primeiras cousas que facían todos os mozos cando viñan era comprar un reloxo de pulso e facer unha visita ao barrio chinés”


2. Propoñemos que  o alumnado constrúa unha oración na que se indique algún trazo físico do personaxe  en relación coa súa maneira de ser ou de comportarse.

Por exemplo: 
As súas mans traballan coa precisión de quen ama o seu traballo.”
“Coa súa voz paciente conta os seus saberes xa antigos.”

3. Pensamos nunha acción ou actividade que quizais lle guste facer a este personaxe e construímos unha oración que respecte unha estrutura dada previamente:

  Exemplo:

- Acción escollida para este personaxe:  Gústalle falar co seu fillo
   
- Estrutura proposta:  acción  + consecuencias desa acción+ explicación do porqué

acción
consecuencias desa acción
explicación do porqué
Cando fala co seu fillo 
éncheselle o peito de amor e de orgullo,
porque sabe que está transmitindo o que leva toda a vida aprendendo.

4.  Pensamos  nalgunha experiencia persoal que vivise no pasado, se non aparece explícita na película, tratamos de deducila  ou mesmo  inventala.
Exemplo:
Chegou de fóra de Cataluña , sendo moi novo. Ao chegar á cidade , como moitos outros mozos , mercou un reloxo e foi visitar o barrio chinés . Tiña moitas ansias de coñecer mundo.

5. Describimos a impresión que nos provoca o personaxe:
Exemplo:
Parece un home modesto, un namorado da vida  que goza co seu traballo e co contacto cos seus. Unha persoa cunha conversa agradable da que sempre se aprende algo.

6. Logo de facer as anteriores fases ,  só queda enlazar  os elementos que fomos escribindo, puntuar o texto e empregar os conectores textuais adecuados:

O resultado podería ser algo así:


“As súas mans traballan coa precisión de quen ama o seu traballo e coa súa voz paciente gosta de contar os seus saberes xa vellos. Cando fala co seu fillo, éncheselle o peito de amor e de orgullo ao transmitir  o que leva toda a vida aprendendo. Porque el chegou a Cataluña sendo moi novo , sen reloxo; e visitou o barrio chinés , como tantos outros mozos que chegabancon ansias de coñecer .
Agora segue sendo un home sen reloxo, un home modesto e namorado da vida, que goza co seu traballo e co contacto cos seus. Un home sen présa, cunha conversa agradable da que sempre se aprende algo.”

......................................................................................................

OUTROS PERSONAXES PROPOSTOS :




ABDEL

“ Baixo neves coma esta fixéronse revolucións como a rusa”
“A natureza estalle susurrando a Barcelona mediante a neve”
“ A soidade á longo prazo machaca moito”
“Se naceses marroquí igual non eras así, serías máis poético…” ( dirixíndose a Santiago)
“ Vivir de pobre é difícil hoxe por hoxe, ti entendes por que un pobre inviste en bolsa? Que un pobre vaia pola vida con mentalidade de rico? Unha persoa que non ten conciencia de clase… isto é ser alienado”
“ O problema non é morrer, é agardar a morte”
“Cando meu pai estaba moi enfermo tiña pesadelos continuamente …”




SANTIAGO
“ Non me rompas a cabeza, déixate de políticas desas” “Para min o capitalismo existe, existiu e existirá” prefiro non pensar nestas cousas, estou máis tranquilo”
“ Eu este fin de ano non o farei , pero sabes o que fixen eu estes anos pasados? Collía a grande “trompa” durmia e xa está, pero a mantenta eh, á cama a durmir e xa non sentía nada” É duro , duro,duro; que unha cousa é dicilo e outra vivilo”
Non coñezo á xente que está
“O sábado aí polas doce e media do mediodía métome na casa e xa non volvo saír até que veño aquí para a obra”
“ Sabes que estaba facendo ás dúas da madrugada? Bebendo. Non podía durmir.”
“ Eu este fin de ano non o farei , pero sabes o que fixen eu estes anos pasados? Collía a grande “trompa” durmia e xa está, pero a mantenta eh, á cama a durmir e xa non sentía nada” É duro , duro,duro; que unha cousa é dicilo e outra vivilo”



JUANI
Tratando de que lle dean traballo na obra:
“Eu estou para o que faga falta… era pequeniña e en extraescolar nos facían traballar pico e pa, eu son forte…”
Falando con Iván sobre a familia del:
“Cando vas ir ver ao teu pai?Desde que levas comigo nunca fuches velo e eu quero velo, quero coñecelo…
E a túa nai que? Que non sabes onde vive a túa nai? Pois … pais moitos, pero nai unha…
Nunca me falas da túa nai, que a túa madrasta non é a túa nai, eh…”
Falando da casa na que viven :
“Tres meses que debemos e non pagamos . Se non marchamos da casa disque embargan á miña nai… co boa que é. Como vou deixar que embarguen á miña nai… Temos que irnos.”
Antes de marchar , mentres pinta os labios:
“A cuestión é parecer unha nena,non unha muller grande”
“Ponte a traballar se tes celos. Traballa para min.”
“Despois da mili tes que pensar que se vés comigo é para
traballar”
Falando sobre o derrube da súa casa, cunha amiga:
Viches a miña casa? O outro día estabamos de festa e xa nin está, derrubada, xa está toda pa baixo”. O outro día estaban os pallos dándolle aí : pa, pa…




 IVÁN
Falando con Juani da súa nai e da súa madrasta:
“Perdoa, non é nai  a que pare…”
“Ao meu pai nunha revisión da luz levárono preso. Leva dous anos vivindo nesa casa e aínda non pagou a luz. Cortáronlle a luz unha chea de veces e sempre a conecta.”




 Falando con outro home:
“ Eu visto máis elegante que os millonarios. Aquí me ten , corpo e alma. Cada día un pantalón, cada día unha camisa, porque son un home diferente aos demais. Diferente, que me gusta vestir ben, comer ben
A roupa vai CA-RI-Si-MA, palabra esdruxulísima , adverbio de cantidade!
Eu son un  home de moito gusto.
Eu gasto para o meu gusto persoal,porque teño cousas, reloxos, cousas… cousas delicadas…
Son un namorado do mar,  pasei a vida mirando o mar, hai que pasar días enteiros mirando ao mar… para saber a beleza do universo, unha beleza    extraordinaria… perdes a noción do tempo e de todo…
Eu gasto moito diñeiro aquí onde me ve vostede, pero … en cousas persoais: en whisky, cocacola, a cervexiña, as pataquiñas, a mediana de Voll-Damm…”



0 comentarios:

Enviar um comentário