4º ESO/ TRABALLO 3º TRIMESTRE

TRABALLO DO TERCEIRO  TRIMESTRE. LINGUA GALEGA E LITERATURA. 4º DE ESO .
DATA TOPE DE ENTREGA: venres 2 de xuño
( PREFERIBLEMENTE ENVIAR POR CORREO ELECTRÓNICO → belendegalego@gmail.com )
TÍTULO DO TRABALLO :  A NARRATIVA GALEGA DE POSGUERRA.
FORMATO DO TRABALLO:
-          Escrito nun procesador de textos. Letra 12 puntos. Tipo arial ou similar. Espaciado sinxelo.Marxe mínima de 2,5  centímetros. Extensión aproximada ( 5-8 páxinas)
-          Estrutura do traballo:
Ø  Portada
Ø  Índice
Ø  Corpo do traballo
Ø  Bibliografía:
É necesario incluír unha bibliografía, onde anotes os libros, revistas ou páxinas web que consultaches para o traballo, ordenados alfabeticamente segundo o apelido dos autores.
-           Os libros cítanse na bibliografía deste xeito:
APELIDOS, Nome (Ano): Título. Editorial, cidade.
Por exemplo: REI DOVAL, Gabriel (2007): A lingua galega na cidade no século XX. Edicións Xerais de Galicia, Vigo.
-           As páxinas web deste xeito:
Título da páxina: enderezo web , data da consulta
Por exemplo:
Alvaro Cunqueiro: http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81lvaro_Cunqueiro, data da consulta: 3-3-17

-          Advertencias:
A redacción do traballo debe ser persoal. Non vale o “copia-pega” ( a non ser de citas ou textos literarios )
Debes pasar un corrector ao teu texto. Se o entregas con erros ortográficos , estes baixarán a túa nota
(0,2 puntos  cada erro)
A coherencia , a cohesión da redacción do teu traballo teñen un valor moi importante na túa cualificación.Tamén a presentación.

CONTIDO DO TRABALLO:
Debes facer unha pequena investigación e posterior exposición escrita dos seguintes aspectos relacionados coa narrativa galega despois da guerra civil.

1.       Contexto histórico da posguerra en Galicia. Amplía un pouco a información dos apuntamentos de clase.
2.       Xeracións que publican despois da guerra e tendencias narrativas  que seguen.
3.       O realismo popular. Explica en que consiste esta tendencia narrativa. Indica quen é o seu maior representante achegando datos máis relevantes  da súa biografía. Indica o título das súas obras e as características da súa narrativa.
4.       O  realismo fantástico. Explica en que consiste esta tendencia narrativa. Indica quen é o seu maior representante achegando datos máis relevantes  da súa biografía. Indica o título das súas obras e as características da súa narrativa.
5.       O realismo social. Explica en que consiste esta tendencia narrativa. Indica quen é o seu maior representante achegando datos máis relevantes  da súa biografía. Indica o título das súas obras e as características da súa narrativa.
6.       A Nova Narrativa Galega. Explica en que consiste a renovación  que se produce na narrativa. Escribe quen son os principais representantes  desta tendencia e menciona algunha das súas obras.
7.       Selecciona algún relato dalgún dos autores/as anteriores e fai un comentario sobre o mesmo  con todas as súas partes (argumento, tema, narrador, personaxes, espazo, tempo APLICANDO O APRENDIDO SOBRE O AUTOR E SOBRE AS SÚAS PECULIARIDADES NARRATIVAS)


BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:
-          Libro de texto ( ANAYA, 4º ESO)
-          BERNARDEZ, Carlos L. et alii (2001) LITERATURA GALEGA SÉCULO XX ,  Edicións A Nosa Terra. Vigo
SITIO WEB RECOMENDADO:
-          HISTORIA DA LITERATURA GALEGA :   http://literaturagalega.as-pg.gal/   ( Versión dixitalizada da Historia da literatura galega)


0 comentarios:

Enviar um comentário