CONTOS PARA CONTAR

Os contos  seguintes  serven para que fagas o teu exame oral de Lingua galega deste trimestre.
  • A proba consistirá en contarlles este conto aos teus compañeiros/as de clase, pero non de xeito improvisado, senón preparándote moi ben .
  • Recorda que esta proba ten un valor do 15% da túa cualificación trimestral.
Para preparar esta proba debes facer o seguinte:
- Le  varias veces o conto ata que saibas ben o argumento.
- Practica como contalo, non é imprescindible que o aprendas ao pé da letra, pero é moi importante que non cometas erros lingüísticos , e polo tanto ,debes procurar  non cambiar as palabras e expresións por outras do castelán . É importante que “contes ben” ( entoando, dramatizando…) de xeito que todos entendan ben o argumento.

 Consulta  as palabras  que están subliñadas no teu texto e explícalles o seu significado aos teus compañeiros.

Enlaces aos  contos propostos:

0 comentarios:

Enviar um comentário